Mar adiante

First publication date:  1973
Genre:  narration
Original language:  Galician

Mar adiante é unha obra narrativa de María Victoria Moreno, publicada por Ediciós do Castro en 1973, subtitulada Historias de nenos pra nenos. Fixo as ilustracións do libro a autora e a cuberta Carmen Arias. Con esta primeira obra súa, a profesora converteuse nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo; e tamén é pioneira en introducir nenas protagonistas . "Crarisa e o luceiro" -capítulo VII deste libro- gañou o segundo premio (dotado con 3.500 pesetas) do Concurso nacional de contos infantís O Facho en 1972. A obra remata cun vocabulario galego-castelán para mellor entender o texto. A pesar de que todas as historias do libro teñen un nexo común -o barco escola que parte de Portosouril- poden verse como historias diferentes. A idea principal é que o ensino pode cambiar, a escola debe basearse na observación e na experiencia integrando a realidade dos nenos e nenas. Na lapela do libro comenta Xesús Alonso Montero: "pra compor estes contos infantiles, María Victoria botóu mau de personaxes moi coñecidos neste xénero de historias: nenos, vermes, mariñeiros, estrelas, gaivotas, ventos, lobos, peixes, etc". Source: Wikipedia (gl)

Editions
No editions found
Comments

There is nothing here

Lists

There is nothing here

Work -

Welcome to inventaire

The library of your friends and communities
Learn more
You are offline