Sempre en Galiza

first publication date:  1944
genre:  essay
original title:  Sempre en Galiza
original language:  Galician

Este artigo trata sobre o libro de Castelao, para o artigo sobre programa de radio véxase Sempre en Galicia.Sempre en Galiza é un libro de ensaio político escrito por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego. A obra publicouse o 10 de marzo de 1944 en Buenos Aires e os primeiros exemplares que chegaron a Galicia fixérono de xeito clandestino. Castelao concibiu o libro baixo o título "Co pensamento en Galiza", como pode verse no manuscrito conservado no Museo de Pontevedra, datado en 1943 e dedicado á memoria de Alexandro Bóveda. Baixo o nome de Bóveda escribira protomártir, pero terminou riscando esta palabra. Finalmente, foi publicado como Sempre en Galiza. No libro axúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra. O limiar da obra, Adro, comprende os artigos que dende Badaxoz escribiu para A Nosa Terra en 1935. A primeira parte escribiuna entre Valencia e Barcelona en 1937, orixinariamente publicouse na forma de artigos no xornal que os galegos exiliados publicaban en Madrid, Nueva Galicia. A segunda parte escribiuna en Nova York e durante a viaxe que o levou a Buenos Aires en 1940. O resto escribiuno en Buenos Aires entre 1942 e 1943. Source: Wikipedia (gl)

Editions
No editions found

Work - wd:Q3091932

Welcome to Inventaire

the library of your friends and communities
learn more
you are offline