Cantares gallegos

first publication date:  1863
genre:  poetry
original title:  Cantares gallegos
original language:  Galician

Cantares gallegos é un libro de poesía de Rosalía de Castro publicado en 1863 en Vigo, na imprenta de Juan Compañel. A data de publicación desta obra marcou o do Día das Letras Galegas. Nos poemas desenvóluvense temas que reflicten a sociedade rural na que viviu Rosalía. Hai poemas costumistas, cun marcado carácter descritivo, aínda que tamén hai poemas amorosos, sociais e intimistas. Estes cantos significan o renacemento da literatura galega, xa que a autora dignifica a lingua e demostra que é posible escribir literatura en galego.Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), "...por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país". Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado. No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio de Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares ("Miña casiña"; "Vivir para ver"; "¡Padrón...!, ¡Padrón!"...) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...). Tódolos críticos consideran que Cantares gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo. Source: Wikipedia (gl)

Editions
No editions found

Works based on Cantares gallegos 1

Open in advanced list browser
    loading

Work - wd:Q3311871

Welcome to Inventaire

the library of your friends and communities
learn more
you are offline