Os vellos non deben de namorarse

first publication date:  1941
genre:  theatre
original title:  Os vellos non deben de namorarse
original language:  Galician

Os vellos non deben de namorarse é unha obra de teatro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerada unha das pezas máis populares do teatro galego. A obra foi escrita "para regalía do pobo galego" na cidade de Nova York, como remedio para "matar as horas de morriña" e rematouna no inverno de 1939. En palabras do autor esta obra foi froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor. Consérvanse dous manuscritos coa obra completa e un terceiro escrito incompleto. A obra estreouse o 14 de agosto de 1941 no Teatro Mayo de Buenos Aires, ben recibida pola crítica e os intelectuais, e o 8 de outubro no teatro Solís de Montevideo. Castelao non puido asistir á estrea en Montevideo e mandou unha gravación, en castelán, que constitúe o único documento sonoro coa voz de Castelao . O texto publicouse en libro en 1953 da man de Editorial Galaxia. Source: Wikipedia (gl)

Editions
No editions found

Work - wd:Q9053381

Welcome to Inventaire

the library of your friends and communities
learn more
you are offline