Polskie Towarzystwo Numizmatyczne

asociación numismática

A Sociedade Numismática Polaca (en polaco: Polskie Towarzystwo Numizmatyczne –PTN–), anteriormente Sociedade Arqueolóxica e Numismática Polaca (Polskie Towarzystwo Archeologiczne i Numizmatyczne –PTAiN–), é unha asociación científica e cultural sen ánimo de lucro que reúne as persoas afeccionadas ao estudo e ao coleccionismo de moedas, medallas, condecoracións e outros obxectos afíns. Na súa configuración actual, estableceuse en Varsovia, Polonia, en 1991 e rexistrouse en 2002.A PTN conta con 52 sucursais distribuídas por diferentes cidades de Polonia e ten arredor de 2.250 membros (2013). Consonte os seus estatutos, os obxectivos da Sociedade son a posta en contacto das persoas interesadas na numismática e noutros coleccionismos, a realización de investigacións científicas nese ámbito, a organización de eventos para a promoción da numismática, e a protección dos obxectos numismáticos como elementos culturais e do patrimonio nacional. O seu presidente no período 2019-2023 é o recoñecido numismático polaco Przemyslaw Ziemba.
Read more or edit on Wikipedia

main subject: Polskie Towarzystwo Numizmatyczne

0
you are offline